DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A escola celebrou este xoves San Xosé cun acto na sede cidade

Enxeñería Industrial suma o alumnado á tradicional entrega de premios do seu patrón

Entregáronse unha trintena de recoñecementos ao PDI, PTXAS e estudantado

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Premios
  • Institucional
D. Besadío DUVI 20/03/2025

A Escola de Enxeñería Industrial sumou este ano ao alumnado mellor valorado á tradicional entrega de premios do seu patrón San Xosé. Foi no tradicional acto de celebración, na sede cidade da escola, un encontro no que como é habitual se entregaron unha trintena de recoñecementos, incluíndo docentes con máis de 30 anos de antigüidade, profesorado mellor valorado, novos investigadores e investigadoras, persoal técnico de administración e servizos, asociacións de estudantes e, agora tamén, alumnado mellor valorado, premio outorgado a María Aguión Rodríguez, Manuel Medina Rodríguez e Candela Rivas López.

“Neste acto queremos resaltar o sentido de pertenza á escola e agradecer a todo o noso colectivo  a participación e compromiso nas distintas actividades que se levan a cabo no centro”, salientou o director da escola, José Fariña, quen explicou que este ano se decidiu incorporar un recoñecemento ao alumnado mellor valorado, “dúas alumnas e un alumno que foron seleccionado polos seus compañeiros e compañeiras que valoraron, sobre todo, a súa implicación en facer a vida máis fácil na escola”.

30 recoñecementos “á participación e ao compromiso”

Cunha entrega de recoñecementos que, nesta ocasión, se situou na trintena, os primeiros en recoller os galardóns foi o profesorado mellor valorado segundo as enquisas realizadas ao alumnado da EEI no curso 2023/2024: Estrella Álvarez, Manuel Cabaleiro, José Manuel Canosa, Emilio Estévez, José Ramón Fernández, Eugenio Ignacio Fuentes, María Holanda Rodríguez e Emilio Rosales.

A continuación, subiron a recoller os seus galardóns o persoal de investigación en formación en recoñecemento o seu labor de investigación -José Antonio González, Xabier Rey, Iria González, Hamza Sajjad e Marta Pérez- e o persoal técnico de administración e servizos con máis longa traxectoria -Carolina Andrea Enríquez de Salamanca, Susana Fernández e María Begoña González-. 

Recibiron tamén cadanseu recoñecemento os profesores e profesoras que cumpriron 30 anos de antigüidade: José Carlos Caamaño, Claudio Cameselle, Stefano Chiussi, Mª Julia Cristóbal, Manuel Doiro, Mª Asunción Longo, José Carlos Morán, Andrés Augusto Nogueiras, Beatriz Prudencia Orge, Mª Concepción Paz e Begoña Urgal.

No caso do alumnado, ademais dos tres mellor valorados tamén se recoñeceu o labor das asociacións de estudantes UVigo Motorsport, UVigo SpaceLab e Ces UVigo Solar, “por todo o seu traballo e por axudar a dar visibilidade á escola”. 

Visitas de egresados que ‘constrúen futuro’

A maiores a celebración do patrón incluíu, como é habitual, unha pequena conferencia. Foi o regreso á escola de Antonio Gallego Vieitez, egresado do Grao en Enxeñaría Electrónica, Industrial e Automática, e actual director da empresa Technica Engineering Spain, que impartiu o relatorio Construíndo o futuro: da EEI á enxeñaría de sistemas na automoción.

A actuación músical correu a cargo dun grupo de alumnas

Nesta ocasión a ambientación musical do acto correu tamén a cargo  de tres alumnas da escola, un grupo composto pola violinista Sofía Villanova -alumna do programa de simultaneidade dos graos de Enxeñaría Biomédica e Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática- e as violonchelistas Irene Román e Irene Gallardo, alumnas ambas do Grao en Enxeñaría Biomédica. Interpretaron pezas de Leonard Cohen e Coldplay.