DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Os anfitrións impuxéronse ante o Rugby Club l´Hospitalet e o Braga Rugby

O equipo do campus gaña o Torneo Internacional de Rugby Sub-14

A cita celebrouse o sábado nas instalacións universitarias

Etiquetas
  • Medios
  • Ourense
  • Deportes
DUVI Ourense 18/06/2018

As instalacións deportivas do campus de Ourense acolleron este sábado a celebración do Torneo Internacional de Rugby Sub-14, unha cita organizada polo Campus Universitario Ourense de rugby. A competición, de acceso libre ás persoas interesadas, comezou ás 12.30 h e consistiu nun triangular entre os equipos Rugby Club l´Hospitalet, de Barcelona; Braga Rugby, de Portugal, e o propio Campus Universitario Ourense. A pesar da calor, indican desde a organización, as rapazas e os rapaces “xogaron e divertíronse sendo o campión do torneo o equipo anfitrión, o Campus Universitario Ourense, que gañou os seus dous partidos ante L'Hospitalet por un apertado 28-29 e ante a Braga RC por 38-29”. O equipo subcampión, engaden, foi L'Hospitalet que se impuxo a Braga RC por 38-29. Unha vez rematados os encontros, xogadores e xogadoras compartiron a entrega de galardóns e agasallos. “Foi unha bonita xornada”, apuntan desde o club organizador, que acolleu esta cita co obxectivo de fomentar a práctica deste deporte entre as xeracións máis novas.