DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Carmela Silva e o docente Javier Lorenzo actuaron de madriña e padriño, respectivamente

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais despide preto dun cento de graduados e graduadas versátiles e multidisciplinares

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
DUVI 11/06/2018

41 estudantes da 5ª promoción do Grao en Comercio, 24 da 10ª promoción do Mestrado en Comercio Internacional e 26 da 7ª promoción do Mestrado en Pemes, protagonizaron o venres pasado o acto de graduación da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, celebrado no edificio da Estación Marítima de Ría. No acto no que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, actuou de madriña das e dos egresados nos mestrados e o docente Javier Lorenzo, como padriño das e dos titulados do grao, a directora da Escola, Consuelo Currás, trasladoulle ao alumnado “a miña fonda gratitude por elixir este centro histórico na cidade de Vigo e as titulacións nel impartidas, singulares e diferenciadas pola súa vocación internacional, a súa fonda conexión coa actividade comercial e empresarial de Vigo e Galicia e a súa vocación práctica, multidisciplinar e versátil”. A responsable do centro tamén lles desexou ás e aos novos graduados o mellor futuro académico, profesional e persoal e recordoulles que a escola sempre terá as portas abertas para todos.