DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A mostra estivo no museo etnolóxico da localidade ourensá durante case un mes

A exposición sobre o Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro despídese de Ribadavia e continúa a súa peregrinación

O próximo destino desta iniciativa da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública é Vedra

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • Divulgación
  • Saúde
  • Cultura
DUVI Ourense 12/04/2019

Este venres a mostra Queremos SaudArte desde o Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro rematou o seu paso por Ribadavia para continuar a súa peregrinación polos pobos desta antiga ruta a Santiago de Compostela desde o sur da provincia de Ourense. Despois de case un mes no museo etnolóxico desta localidade, a iniciativa da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública do campus de Pontevedra pon rumbo a Vedra coa organización satisfeita pola boa acollida que tivo en Ribadavia. O obxectivo desta iniciativa e do seu periplo pola xeografía galega e ata lusa, comenta a comisaria da mostra, a profesora da Facultade de Fisioterapia Lourdes Maceiras, é rescatar do esquecemento o camiño Miñoto-Ribeiro e contribuír a visibilizalo e valorizalo. Para facelo a exposición conta con arredor de 40 obras cunha temática que xira arredor deste camiño que tratan de “dar a coñecer o enorme potencial paisaxístico e patrimonial dos municipios polos que pasa a ruta”. Xurdida inicialmente como unha compilación de pinturas, esculturas e fotografías elaboradas polo grupo de médicos e médicas que integran o colectivo Medicina e Arte, a exposición vese enriquecida en cada parada que realiza polos pobos do camiño. A mostra volverá a Ourense proximamente para ser exposta no Carballiño.