DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Organizado polo coro do campus co gallo das Letras Galegas

As homenaxes a Florencio Delgado Gurriarán remataron cun concerto no Liceo

Participaron as agrupacións Auria Canta, Coro da Escola de Música de Barbadás e Coro Berea de Sober

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 23/05/2022

O Liceo de Ourense acolleu o sábado, 21 de maio, un concerto de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2022. Organizada polo Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Catorum, a cita contou tamén coa participación das agrupacións Auria Canta, Coro da Escola Municipal de Música de Barbadás e Coro Berea de Sober. En total foron arredor de 70 as e os músicos e cantoras e cantores que participaron nesta homenaxe, que reuniu agrupacións tanto de persoas adultas como de rapazas e rapaces.

O programa mesturou actuacións individuais dos coros e outras con diferente combinacións entre eles, para finalmente interpretar todas e todos xuntos tres pezas. O repertorio da actuación caracterizouse pola mestura. Así, houbo desde música popular e obras de autores galegos destacados ata pezas de actualidade e rock. Tamén se recitaron versos do poeta homenaxeado. Baixo a dirección de Ruth González, a actuación contou ademais cun amplo elenco de músicos, estando no piano Alejandro Fírvida; no óboe Raúl Pérez; na gaita Pablo Martínez; na percusión Beatriz Fernández; na pandeireta Chasua González; na batería Víctor Manuel Gallego; no baixo Rodrigo Díez e na guitarra eléctrica Adrián Rey.