DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Co obxectivo de establecer acordos de colaboración e intercambios 

Unha misión do Viceministerio de Fomento a las Mipymes da República Dominicana visita o campus 

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Internacional
  • Institucional
DUVI 22/07/2019

A vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Maribel Doval, recibiu este luns no campus de Vigo ás e aos integrantes unha delegación do Viceministerio de Fomento a las Mipymes da República Dominicana, encabezada polo viceministro Ignacio Méndez. Doval, que estivo acompañada na visita da misión dominicana, polas directoras técnicas da Oficina de I+D, Ángeles López, e da Oficina de Relacións Internacionais, Amelia Rodríguez, abordou coa delegación caribeña a posibilidade de establecer acordos de colaboración e intercambios ao abeiro dos proxectos que desenvolve o Ministerio de Industria, Comercio y Mipymes na República Dominicana.

A delegación do Viceministerio de Fomento a las Mipymes está a visitar ata mañá martes escolas de artes plásticas e deseño, tecnolóxicas e de oficios de Vigo, ademais de manter encontros con autoridades provinciais e locais, como resultado do Proyecto de Artesanía que executa o Ministerio na rexión Enriquillo, financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el desarrollo AECID.