DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública organizou unha actividade con este obxectivo

Unha ollada académica ás problemáticas dos partidos políticos

A cita tivo lugar este xoves no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Democracia
  • Académica
DUVI Ourense 13/09/2019

O Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública, xestionado desde a Facultade de Dereito do campus de Ourense polo Grupo de Investigación Medea Iuris e dirixido polo profesor Roberto Bustillo, organizou este xoves xunto á Fundación Cum Laude unha conferencia e mesa redonda arredor dos partidos políticos no Centro Cultural Marcos Valcárcel. A sesión comezou cunha intervención de Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, titulada As disfuncións dos partidos no estado democrático, e seguiu cun debate no que participaron, ademais do relator, os profesores e profesoras Fernando Vázquez, Ana Gude, Vicente Sanjurjo e Begoña López. O evento foi a primeira das actividades abertas ao público organizada este curso académico polo Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública, que naceu no ano 2017 ao abeiro dun convenio asinado entre a Universidade de Vigo e a Fundación Alfonso Martín Escudero e que ten como obxectivo de crear, impulsar e difundir coñecemento sobre aspectos xurídicos e metaxurídicos relacionados co fenómeno da corrupción do poder público.