DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Inserido nos actos de campaña do candidato do PSdeG-PSOE á Xunta, Gonzalo Caballero

Os reitores das universidades galegas manteñen un encontro co ministro de Ciencia e Innovación

Centrado en dar a coñecer as propostas socialistas neste eido

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Democracia
  • Reitor
  • Institucional
DUVI 01/07/2020

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, mantivo este mércores, acompañado polo ministerio de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, unha xuntanza cos reitores das universidades de Vigo, Manuel Reigosa; Santiago de Compostela, Antonio López, e A Coruña, Julio Abalde. A xuntanza, celebrada este mediodía en Moaña tiña por obxecto dar a coñecer aos responsables das tres institucións académicas o proxecto de goberno dos socialistas galegos en materia de universidade e ciencia. 

Entre as propostas que o candidato socialista trasladou os reitores figuraba que as primeiras matrículas nos graos pasen a ser gratuítas e dotar ás institucións académicas de “máis persoal docente e investigador, con máis contratos pre e posdoutorais” que fagan posible cumprir “coa necesaria renovación xeracional no profesorado universitario”, segundo informou o PSdeG-PSOE. Caballero, que lembrou que “hai un ano por estas datas estaba corrixindo exames” na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo, subliñou o seu compromiso coa “universidade pública galega” fronte aos “anos de recortes do goberno do PP”, así como a súa vontade de impulsar “a ciencia e a innovación” no tecido produtivo galego, co propósito de “acadar novas formas de facer fronte aos retos industriais e á transformación dixital de Galicia”.