DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Voltfer será a empresa encargada da instalación de preto de 800 paneis solares 

Plantas fotovoltaicas para as escolas de enxeñaría de Minas e Enerxía e Industrial

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Medio Ambiente
  • Institucional
DUVI 20/10/2020

O vindeiro mes de novembro entrarán previsiblemente en funcionamento dúas plantas fotovoltaicas, unha na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e outra na Escola de Enxeñaría Industrial. Voltfer, división do Grupo Alvariño especializada en solucións en enerxías renovables, será a encargada la instalación das plantas que suman unha potencia conxunta de 320 kW/ano e permitirán a produción de 390.000 Kwh/ano. Ambas as dúas instalacións, cun total de 784 paneis solares, permitirán cubrir de media un 30% do consumos dos centros e reducir as emisións en 138 toneladas de CO2 cada ano.

En concreto, a planta que se instalará na EE Industrial está integrada por de 488 paneis solares e oito inversores SMA. A potencia da instalación é de 200 kW, cunha produción de máis de 241.000 Kwh/ano, o que permitirá cubrir o 31% da demanda de electricidade do centro. Co aforro xerado, o investimento amortizarase nun período de seis anos. No caso da EE de Minas e Enerxía, a planta terá unha  potencia de 120 kW  e producirá máis de 148.000 Kwh/ano para xerar arredor do 30% da enerxía consumida polo edificio. Esta instalación consta de 296 módulos fotovoltaicos e dous inversores SMA, cuxo custe se amortizará coa enerxía producida nun período estimado de cinco anos.