DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Dirixido a alumnado de carreiras STEM de universidades españolas con Cátedra Telefónica 

A protección fronte ao control dos algoritmos, a debate no I Torneo Virtual LEDUStem Cátedras Telefónica 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Estudantado
  • Premios
  • Universidade e empresa
  • Académica
DUVI 23/02/2021

Estamos protexidos persoal e socialmente fronte ao control dos algoritmos? Sobre esta cuestión debaterán os equipos de alumnos de carreiras STEM que participen no I Torneo Virtual de Debate, organizado pola Liga Española de Debate Universitario (LEDU), xunto coas cátedras Telefónica. A proba, que se desenvolverá de xeito totalmente telemático, ten o obxectivo de fomentar e impulsar as habilidade dialécticas que implica un debate, como son a intelixencia emocional e empatía, capacidade de traballo en equipo, espírito crítico e innovador, así como potenciar as capacidades relacionadas coa comunicación oral do alumnado, que serán as e o futuros profesionais científicos e tecnolóxicos. Na primeira edición do debate, poderán participar estudantes entre 18 y 24 anos  que cursen unha titulación STEM nalgunha das 22 universidades que contan con Cátedra Telefónica, a UVigo entre elas, para o terán inscribirse ata o 15 de marzo.

A competición desenvolverase entre o 22 de marzo e o 20 de abril e a final disputarase o 5 de maio, entre os dous mellores equipos da fase de competición. O equipo gañador do Torneo Virtual de Debate LEDUStem Cátedras Telefónica acadará unha praza para participar na fase final da Liga Española de Debate Universitario, que enfronta aos 16 mellores equipos do territorio nacional. O premio ao equipo gañador da Liga Española de Debate Universitario é de 6000 e de 3000 euros para o segundo clasificado. Así mesmo, o equipo gañador do torneo obterá un diploma acreditativo de gañador, paquete de libros e agasallos , e trofeo que o acredita como campión.