DUVI

Diario da Universidade de Vigo

“É unha data longamente esperada” dixo Reigosa no acto de sinatura do convenio celebrado hoxe

O reitor da UVigo agradece o acordo entre Xunta, Concello e Zona Franca para a urbanización da parcela central da ETEA 

A Universidade agarda pola cesión do edificio Siemens por parte do Consorcio

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Reitor
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría Figueroa DUVI 25/02/2026

“Hoxe é un día de ledicia porque as administracións puxéronse de acordo e imos poder ver finalmente as grúas na ETEA, que é un espazo privilexiado, marabilloso, no que seguro se van poder desenvolver tarefas de investigación, de docencia e transferencia, na medida na que se poidan ir executando os proxectos executivos das obras previstas”. Así valoraba o reitor a UVigo, Manuel Reigosa, a sinatura este mediodía entre Concello de Vigo e Zona Franca, e que previamente fora asinado pola Xunta de Galicia, para a urbanización da parcela central da ETEA (PS-1), así como para a construción dun aparcamento soterrado.

David Regades, delegado especial do Estado no CZFV; Abel Caballero, alcalde de Vigo; e Carmen González Sotelo, delegada CSIC Galicia, xunto ao reitor da UVigo, protagonizaron este mediodía na ETEA o acto de sinatura do convenio que estipula a cesión do Concello a Zona Franca do ámbito PS-1 para que el Consorcio execute, con financiación da Xunta de Galicia, a urbanización interior e o proxecto de accesos á zona coa conexión coa vía de acceso e percorridos peonís. O Concello tamén cederá ao Consorcio por 75 anos el subsolo da Praza de Armas onde se construirá el aparcamento soterrado, que financiará Zona Franca. 

“A de hoxe é unha data longamente esperada. O acordo entre Xunta, Zona Franca e Concello de Vigo vai permitir que se faga a urbanización do PS-1, que é obrigatoria para que despois poidamos acometer as obras nos edificios que son nosos, igual que o CSIC, que poderá acometer as obras previstas para albergar o Centro de Investigacións Mariñas do Centro do Consejo Superior de Investigaciones Científicas”, sinala Reigosa. O reitor tamén destaca que Zona Franca inclúe un párking “que tamén era algo moi necesario que non estaba inicialmente previsto. Así que agradecer que as institución se puxeran de acordo e que se dispare este procedemento de urbanización da parcela central e despois a quen lle toque estar na Reitoría será que determine cal é o ritmo e os usos que se van dar a eses edificios”.

Pola súa banda, o delegado de Zona Franca, David Regades, asegurou que “con este proxecto, defendemos o espazo público como un dereito das persoas porque se devolve á xente un espazo singular e emblemático e que, facilitará o acceso, tanto á comunidade científica e universitaria, aos edificios del entorno e ao paseo á beira do mar. Mentres, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que “o Concello si que fixo a súa parte no proxecto porque desde que chegamos á alcaldía abrimos a ETEA. Puxemos en marcha o ámbito deportivo con campo y pavillóns tiramos o muro que impedía o paso a la praia da  Punta, desde Zona Franca cedeuse á UVigo un edificio e en pouco tempo terá un segundo, e o CSIC tamén desenvolve un proxecto excepcional”. A delegada do CSIC en Galicia, Carmen González Sotelo, pola súa banda, incidiu no  impulso dun polo de investigación e innovación vinculado á economía azul.

Á espera do edificio Siemens á UVigo

Cedidos á UVigo os edificios Faraday, Morse e Enfermaría, que albergarán as titulación que actualmente se imparten na Facultade de Ciencias do Mar, así como o Centro de Investigación Mariña, CIM-UVigo, a institución académica agarda pola do edificio Siemens. Un proceso sobre o que o reitor asegura que “en principio va moi ben, hai un acordo verbal, tanto co Concello, como con Zona Franca e o que esperamos é que se poida facer unha sinatura no prazo máis breve posible. A idea sería contar cos catro edificios que están en bo estado, arredor da praza central e que nos poden dar moito xogo. Nós pensamos nunhas actividades para levar alí,  pero quen chegue á Reitoría logo das eleccións de maio poderá pensar en que levar alí que lle pareza máis axeitado”.

Tras case oito anos á fronte da UVigo, Reigosa recoñece que no proxecto da ETEA “deixamos pasar oportunidades. Incluso para un edificio tiñamos comprometido orzamento, que como non se puido executar non o recibimos finalmente. En todo caso hoxe é un día de valorar positivamente, pero é certo que mirando cara atrás, cando se presentou o proxecto global de Cidade do Mar, estamos falando de moitos años, a complexidade absoluta que tiña o convenio que se asinou con moitas institucións, ademais gobernadas por partidos políticos de distintos signos, fixeron todo moi complicado nese senso”, detalla o reitor da UVigo.