DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Celebrouse esta fin de semana en Altea, Alacante

A tripulación da UVigo acada o 5º posto no Campionato de España de Vela

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 16/05/2022

Ao longo deste mes estanse a celebrar os Campionatos de España Universitarios de multitude de deportes organizados por diferentes institucións académicas do Estado. Mentres o CEU de Judo, que tivo lugar esta fin de semana en Murcia, remataba con dous ouros e un bronce para UVigo de mans de estudantes do campus de Pontevedra, o CEU de Vela non deixou boas novas para institución olívica. A tripulación do barco da Universidade de Vigo non puido subir ao podio en Altea, lastrado polos malos resultados da xornada do sábado e viuse relegado a un 5º posto, a tan só 0,4 da Universidade da Coruña. O podio quedou composto pola Universidade Politécnica de Valencia como gañadora, mentres o segundo posto foi para a Universidade Pompeu Fabra e o terceiro para a Universidade de Murcia.

O equipo da Universidade de Vigo estivo composto por Ainhoa Guijarro, estudante de Comercio; Iago García Pillado, do Grao en Enxeñaría Mecánica; Pedro Fernández Sacristán, alumnos de Administración e Dirección de Empresas; Carolina Iglesias, do Grao en Educación Primaria e Rodrigo Rodríguez Campus, do Grao en Comercio. En total, neste campionato nacional participaron barcos de 12 universidades procedentes de oito comunidades autónomas.