DUVI

Diario da Universidade de Vigo

As 24 profesoras e profesores titulares tomaron hoxe posesión das súas prazas  

A UVigo incrementa a súa nómina de docentes titulares con 15 mulleres e 9 homes 

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría Figueroa DUVI 01/12/2021

Logo da publicación o pasado 3 de novembro no Boletín Oficial del Estado da correspondente resolución, 24 profesoras e profesores da UVigo tomaron hoxe posesión da súas prazas de titulares, nun acto celebrado na sala de xuntas do edificio Exeria do campus de Vigo. Dos novos 24 docentes titulares de universidade, 15 son mulleres y nove homes, sendo a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación o centro que suma o maior número de novos titulares (6), seguido das facultades de Belas Artes e Química e da Escola Superior de Enxeñaría Informática, todas elas con tres. Pola súa banda, as facultades de Bioloxía e de Ciencias suman dous, cada unha, mentres que Ciencias do Mar, a Escola de Enxeñaría Industrial, as facultades de Ciencias Empresariais e Turismo, Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias Xurídicas e do Traballo contan cun novo ou nova titular. 

“Este é un día de orgullo para vós, polo que fixestes que vos permitiu obter a acreditación e tamén un día de ledicia para os vosos achegados. E para a UVigo significa que a xente que formamos parte desta comunidade estamos a traballar arreo e a facer os deberes”, sinalou o reitor no acto de toma de posesión das e dos titulares, aos que “espero vervos pronto tomando posesión da cátedra”. 

As novas e novos titulares

Lilian Rosana Ferreiro Faro e Marcos Antonio López Patiño da Facultade de Bioloxía; Paula Diz Ferreiro da Facultade de Ciencias do Mar; Sonia Losada Barreiro, Begoña González de Prado e Belén Vaz Araújo da Facultade de Química; José Antonio Souto Salgado de María Inés Álvarez Fernández da Facultade de Ciencias; Susana Cedán Caaveiro, María Almudena Fernández Fariña e Ana Soler Baena da Facultade de Belas Artes; Óscar López Sánchez da Escola de Enxeñaría Industrial; Luis Álvarez Sabucedo, Enrique Costa Montenegro, Yolanda Blanco Fernández, Martín López Nores , Marta Gómez Araújo e Francisco Javier Días Otero da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; José Ramón Méndez Reboredo, Miguel Reboiro Jato e Eva María Lorenzo Iglesias da Escola Superior de Enxeñaría Informática; María Alisa Alén da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo; Raquel Arévalo Tomé da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Enma Rodríguez Rodríguez da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, son as e os docentes titulares que hoxe tomaron posesión das súas prazas.

No acto celebrado este mediodía no edificio Exeria tamén participaron as docentes e investigadoras Diana Valverde e Laura Carballo, que tomaron posesión das súas cátedras ao non poder facelo a semana pasada.