DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Manteranse os efectivos precisos para a prestación de servizos esenciais

A UVigo pecha os seus centros, dependencias e instalacións entre o 4 e o 19 de agosto

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 02/08/2022

Entre os días 4 ao 19 de agosto, ambos os dous incluídos, a Universidade de Vigo pechará todos os seus centros, dependencias e instalacións. A medida, implantada desde o ano 2019 en Semana Santa e verán, procura avanzar no compromiso da institución académica viguesa e do seu persoal coa sustentabilidade e o cambio climático. Deste xeito, e co obxectivo de optimizar recursos para acadar un aforro enerxético e económico, procederase a partir deste xoves 4 de agosto a pechar os centros, dependencia e instalacións dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra. 

A medida, recollida nunha instrución da Xerencia, e que este curso tamén se aplicou na Semana Santa, establece uns servizos mínimos para a prestación de servizos esenciais no CACTI, no animalario do Cinbio, na Ecimat, na Unidade de Servizos Xerais de Apoio e na Área de Tecnoloxías da Comunicación e Información (ATIC).

Acceso ás instalacións pechadas

Con todo, cando resulte necesario e indispensable o acceso do persoal a centros, instalacións e dependencias da Universidade de Vigo durante o período de peche, poderá realizar contando coa pertinente autorización do responsable correspondente. O persoal que conte con tarxeta de acceso debidamente autorizada, utilizará este mecanismo, mentres que as persoas que non dispoñan da tarxeta de acceso, deberán chamar ao Centro de Control do servizo de vixilancia (teléfono: 618873387) informando do centro, instalación ou dependencia ao que se precisa acceder. Ao edificio acudirá un vixiante do servizo quen, logo da identificación e comprobación oportunas, habilitará a entrada. Así mesmo deberá comunicarse a saída ao Centro de Control do servizo de vixilancia.