DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Universitario Campus de Ourense gañou a Peleteiro Café Bar El Alba

As xogadoras de baloncesto mantéñense líderes de grupo

En xadrez os equipos do campus sumaron dous empates e unha derrota

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Deportes
  • Saúde
  • Deportes
DUVI Ourense 18/02/2019

Esta fin de semana disputaron encontros de liga os equipos do campus que compiten en baloncesto feminino, rugby, xadrez e natación. Entre os resultados obtidos destaca como a categoría feminina de baloncesto sumou unha nova vitoria, como o segundo equipo de rugby acadou un empate e como os equipos de xadrez sumaron dous empates e unha derrota. En natación, o Club Natación Escualos Campus da Auga sitúase quinto do seu grupo.

Sorte desigual

O sábado día 16 as xogadoras de baloncesto disputaron nas instalacións universitarias un encontro co Peleteiro Café Bar El Alba, encontro que gañaron por un marcador final de 65-39. Con este resultado mantéñense líderes na primeira división autonómica feminina, con 13 partidos gañados e dous perdidos. Polo que respecta ao rugby, o segundo equipo do Campus Universitario Ourense empatou 12-12 co Santiago RC na segunda división masculina da liga galega.

Polo que respecta ao xadrez, esta fin de semana os equipos do campus disputaron nas instalacións universitarias a cuarta xornada da liga galega de xadrez. O Universitario de Ourense A empatou contra Benchoshey Sénior, con vitorias de Manuel Álvarez e David Feijóo e derrotas de Lino Hermida e Brais Gerpe. Na segunda división, o Universitario de Ourense B tamén empatou contra Benchoshey-Fischer, con vitoria de Miguel Reza, táboas de Amador Figueiral e Adrián González e derrota de Marcos Reza. Xa en terceira división, o equipo do campus perdeu 1-3 contra Benchoshey Lasker, con vitoria de Brais Fontán e derrotas de Miguel Táboas, Jose Luis Sousa e Iria Souto.

O domingo, o Club Natación Escualos Campus da Auga participou na piscina Álvaro Pino de Ponteareas na cuarta xornada da Liga Galega Máster, colocándose na quinta praza dun total de 28 clubs e participando con 25 nadadoras e nadadores.