ACCESO ÁS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E ÁS ACTIVIDADES DIRIXIDAS

Abono mUVer mensual

UVigo - Comunicación 21/03/2025

O abono mUVer é unha proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte para acceder ás instalacións dos tres campus e ás actividades dirixidas que se organizan ao longo do curso académico. O abono pode ser anual, cuadrimestral e tamén mensual.

Vantaxes do abono

  • Deseño e seguimento individualizado do teu programa de exercicio físico por parte do persoal técnico da sala de fitness.
  • Valoración antropométrica.
  • Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da UVigo nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).
  • Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness incluídas no abono.

Podes consultar os períodos e os horarios xerais de apertura nesta ligazón.

Consigue o teu abono mensual

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal