SEGUNDA QUENDA DO PLAN CORRESPONSABLES

Actividades deportivas de balde para familias con fillos e fillas de 6 a 16 anos

Febreiro e marzo

UVigo - Comunicación 13/02/2023

Corresponsables é un programa de actividades lúdico-deportivas para familias desenvolvido ao abeiro dun convenio específico entre as universidades do sistema universitario de Galicia e a Xunta de Galicia.

Terán preferencia para participar:

  • As familias incluídas nos seguintes supostos: monomarentais, monoparentais, vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
  • As familias que pertenzan á comunidade universitaria.

Información e inscrición


Novas relacionadas:

 

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal