28 de xaneiro, ás 12.00 h, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Acto académico

Convite

UVigo - Comunicación 16/01/2020

O martes 28 de xaneiro, ás 12.00 h, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, terá lugar o acto académico da festividade de San Tomé de Aquino.

Para asistir ao evento, solicitámosvos a confirmación da vosa asistencia antes das 14.00 h do día 24 de xaneiro no teléfono 986 813 618 ou no enderezo electrónico protocolo@uvigo.es.

Lembrámosvos que, por ser festivo, o luns 27 de xaneiro permanecerán pechados todos os centros da Universidade de Vigo.

Máis información

 

Máis información:

Secretaría do reitor
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 618
protocolo@uvigo.es