28 DE XANEIRO, ÁS 12.00 H, A TRAVÉS DE UVIGOTV
Acto académico de San Tomé de Aquino 2022
A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria a seguir o acto académico da festividade de San Tomé de Aquino a través da canle 1 de UVigo TV.
A cerimonia terá lugar o venres 28 de xaneiro, ás 12.00 h, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. No transcurso do acto entregaránse os Premios extraordinarios de grao, os Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de mestrado, e os Premios extraordinarios de doutoramento correspondentes aos cursos 2019/2020 e 2020/2021.
Lembrámosvos que ese día permanecerán pechadas todas as instalacións dos tres campus.
Novas relacionadas
- A Universidade celebrará este venres o seu patrón, San Tomé, coa entrega de máis dun cento de distincións (Duvi)
- Pública, galega, internacionalizada e igualitaria: as claves da UVigo para gañar o futuro (Duvi)
Máis información:
Secretaría do reitor
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 618
protocolo@uvigo.gal