PUNTOS DE EMISIÓN NOS TRES CAMPUS

Aínda non tes a túa tarxeta universitaria intelixente virtual?

UVigo - Comunicación 14/09/2022

Se aínda non tes a túa tarxeta universitaria intelixente virtual, de seguido explicámosche como e onde a podes obter:

Como?

Para poder solicitar a tarxeta universitaria intelixente terás que cumprir un dos seguintes requisitos:

  • Estar matriculado/a nunha titulación oficial da Universidade de Vigo (grao, mestrado oficial, programa de doutoramento etc.).  
  • Ter un contrato laboral na Universidade de Vigo en vigor

Se cumpres algún dos requisitos anteriores, terás que seguir estes pasos:

  • Comprobar que tes unha conta de usuario na secretaría virtual. Desde a secretaría poderás acceder á túa conta ou crear unha se aínda non a tes. Se non es quen de recuperar os teus datos de acceso, podes solicitar na secretaría de estudantes do teu centro a actualización do teu enderezo electrónico. 
  • Comprobar a emisión da túa tarxeta. Na sección «A miña conta» -> «Tarxetas universitarias» da túa secretaría terás unha listaxe coas TUI emitidas e poderás comprobar os datos cos que se emitirá a nova tarxeta. 
  • Descargar a aplicación AppCRUE. Pódese descargar nos teléfonos dos sistemas Android ou IOS.
  • Achegarte a un dos puntos de emisión do teu campus (Ourense, Pontevedra, As Lagoas, Marcosende e Vigo cidade). Aí tomaranche unha fotografía e nuns minutos terás a túa tarxeta universitaria intelixente virtual. 

As respostas ás preguntas máis frecuentes verbo da aplicación están dispoñibles na seguinte FAQ e as dúbidas máis específicas poderán consultarse desde a propia app.

Cando?

Durante as primeiras semanas do curso estarán operativos varios puntos de emisión:

Campus de Ourense

Pavillón de Estudantes 
Do 5 ao 23 de setembro de 2022
De luns a xoves: de 9.00 a 14.00 e de 15.00 a 17.00 h   
Venres: de 9.00 a 14.00 h   

Campus de Pontevedra 

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación 
Do 5 ao 23 de setembro de 2022
De luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15.00 a 17.00 h   
Venres: de 9.00 a 14.00 h   

Campus de Vigo (As Lagoas, Marcosende) 

Oficina Santander
Praza Miralles
36310 Vigo 
De luns a xoves: de 9.00 a 14.00 e de 15.00 a 17.00 h   
Venres: de 9.00 a 14.00 h   
 

Campus de Vigo (sede cidade) 

Escola de Enxeñería Industrial
Rúa do Conde de Torrecedeira, 86
Do 3 ao 7 de outubro de 2022
De luns a xoves: de 9.00 a 14.00 e de 15.00 a 17.00 h   
Venres: de 9.00 a 14.00 h   

Fóra desas datas, poderás solicitar a túa TUI nas seguintes oficinas do Banco Santander:

Campus de Vigo

Oficina Santander
Praza Miralles
As Lagoas, Marcosende 
36310 Vigo 
+34 986 469 954

Campus de Pontevedra

Oficina Santander
Rúa do Doutor Loureiro Crespo núm 7
36001 Pontevedra
+34 986 866 286

Campus de Ourense

Oficina Santander
Pavillón de Facultades
As Lagoas, s/n 
32004 Ourense
+34 988 231 443