NA FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS

Apertura do curso académico 2026/2027 do sistema universitario galego

8 de setembro, ás 12.00 h

UVigo - Comunicación 01/09/2026

A Universidade de Vigo acolle o acto de inauguración do curso académico 2026/2027 do sistema universitario galego. Será o martes 8 de setembro, ás 12.00 horas, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Vigo.

O profesor José Cidrás Pidre, catedrático de Enxeñaría Eléctrica, impartirá a lección inaugural «Enerxía eléctrica, sector eléctrico, mercado eléctrico e sociedade».

Cómpre que as persoas interesadas en asistir ao acto confirmen a súa asistencia antes do 3 de setembro ás 14.00 horas a través da seguinte ligazón.

 

Máis información:

Secretaría do equipo de goberno
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 618
protocolo@uvigo.gal