Estudantes, PAS e PDI
App UVigo
Novo deseño
O estudantado, o profesorado e o persoal de administración e servizos que desexe dispoñer da plataforma móbil personalizada no seu teléfono deberán instalar a aplicación no seu dispositivo desde as tendas de aplicacións oficiais Android e iOS.
Así mesmo, para acceder á área restrinxida os usuarios e usuarias terán que identificarse co seu número (NIF/NIE/pasaporte) e o contrasinal de acceso á secretaría virtual.
A app incorpora tamén a tarxeta universitaria intelixente (TUI) na súa versión dixital.
As respostas ás preguntas máis frecuentes verbo da aplicación están dispoñibles na seguinte FAQ e as dúbidas máis específicas poderán consultarse desde a propia app.