Cribado do Sergas ao estudantado do campus de Vigo

UVigo - Comunicación 23/04/2021

O Sergas solicitou a colaboración da Universidade de Vigo para realizar un cribado PCR por saliva a todas as persoas con idades comprendidas entre 16 e 35 anos na área sanitaria de Vigo debido ao incremento do casos da variante brasileira do virus.

O Sergas convocará o estudantatado mediante un SMS cun código QR que terá que amosar no punto de entrega da mostra.

Non será necesario cubrir nada na aplicación da Fundación Biomédica posto que o persoal do Sergas recollerá as mostras e anotará persoalmente os datos das persoas convocadas.
 
Datas e lugares de recollida dos tubos

O estudantado convocado poderá recoller o tubo para realizar a proba os días 26, 27, 28 e 29 de abril nas conserxarías dos seguintes centros:

  • Facultade de Bioloxía: estudantado das facultades de Química, de Ciencias do Mar e de Bioloxía.
  • Escola de Enxeñería Industrial: estudantado das escolas de Enxeñaría Industrial, de Minas e de Telecomunicación.
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais: estudantado das facultades de Ciencias Xurídicas e do Traballo, de Ciencias Económicas e Empresariais e de Filoloxía e Tradución.
  • Escola de Enxeñería Industrial (sede cidade): estudantado da Escola Universitaria de Estudos Empresariais e Escola de Enxeñería Industrial.

 
Datas e lugar de entrega das mostras

  • Os días 28, 29 e 30 de abril, en horario de 9.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 20.00 h, no Pavillón de Deportes do campus de Vigo (As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo).
  • O 30 de abril, de 10.00 a 17.00 h, na antiga cafetaría da Escola de Enxeñería Industrial (sede cidade, rúa do Conde de Torrecedeira, núm. 86, 36208 Vigo).

A recolllida da mostra deberá realizarse o mesmo día da entrega, preferiblemente a primeira hora da mañá e antes de inxerir calquera alimento ou bebida.

 

Máis información:

Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal