REITORÍA E CLAUSTRO

Eleccións 2022

UVigo - Comunicación 17/02/2022

 Resultados provisionais

 

Campaña electoral

De acordo co calendario electoral, do 19 de abril ao 2 de maio desenvolverase a campaña das eleccións á Reitoría do vindeiro día 4 de maio.

Na seguinte ligazón pódese consultar a información de H2040, a única candidatura presentada neste proceso e encabezada por Manuel Reigosa así como a axenda das visitas ás escolas e ás facultades dos tres campus:

Actos de campaña nos centros

 

Coñeces as datas clave das eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario? Se es estudante, PDI ou PAS, velaquí a información e o calendario que debes ter en conta para participar activamente nas eleccións.

 

 

  • 18/2/2022: publicación dos censos provisionais
  • do 21/2/2022 ao 25/02/2022: prazo de reclamación aos censos provisionais
  • 11/3/2022: publicación dos censos definitivos
  • do 14/3/2022 ao 18/03/2022: prazo de presentación de candidaturas
  • 28/3/2022: proclamación provisional de candidaturas
  • do 29/3/2022 ao 31/03/2022: prazo de reclamacións ás candidaturas provisionais
  • 5/4/2022: proclamación definitiva de candidaturas
  • 6/4/2022 ao 13/04/2022: presentación do equipo e liñas xerais do programa*
  • do 19/4/2022 ao 2/5/2022: campaña electoral
  • 3/5/2022: xornada de reflexión
  • 4/5/2022: votación
  • 5/5/2022: proclamación provisional de resultados
  • do 6/5/2022 ao 10/5/2022: prazo de reclamación aos resultados provisionais
  • 11/5/2022: proclamación definitiva de resultados
  • 23/5/2022: votación (en segunda volta, se procede)*
  • 24/5/2022: proclamación provisional de resultados*
  • do 25/5/2022 ao 27/05/2022: prazo de reclamación aos resultados provisionais*
  • 30/5/2022: proclamación definitiva de resultados*

(*) Datas correspondentes só ás eleccións á Reitoría 

 

Vídeo

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11 de maio de 2022.

 

Máis información:

Secretaría Xeral
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 614
cosecxeral@uvigo.gal