REITORÍA

Eleccións 2026

15 de maio

UVigo - Comunicación 27/01/2026

Segunda volta das eleccións á Reitoría

A segunda votación terá lugar o venres 15 de maio, en horario de 10.00 a 18.00 horas.

As persoas identificaranse ante a mesa electoral mediante algún dos seguintes documentos orixinais, físicos e en vigor: DNI, pasaporte, carné de conducir ou tarxeta universitaria.

Informamos a comunidade universitaria da localización das mesas electorais en cada centro e lembrámoslle a importancia de comprobar previamente o seu centro de adscrición no censo electoral definitivo.

O escrutinio das eleccións á Reitoría poderá seguirse publicamente e ofreceranse dous avances da participación por sectores, ás 13.00 e ás 16.00 horas.


Coñeces as datas clave das eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario?

Se es estudante, PDI ou PTXAS, velaquí a información e o calendario que debes ter en conta para participar activamente nas eleccións.

 

O mércores 6 de maio a UVigo elixe o seu reitor ou reitora así como os e as representantes no Claustro Universitario. A votación desenvolverase entre as 10.00 e as 18.00 horas.

As persoas identificaranse ante a mesa electoral mediante algún dos seguintes documentos orixinais e en vigor: DNI, pasaporte ou carné de conducir.

Informamos a comunidade universitaria da localización das mesas electorais en cada centro e lembrámoslle a importancia de comprobar previamente o seu centro de adscrición no censo electoral definitivo.

O escrutinio das eleccións á Reitoría poderá seguirse publicamente e ofreceranse dous avances da participación por sectores, ás 13.00 e ás 16.00 horas.

Unha vez realizado o escrutinio dos votos depositados o mércores 6 de maio pola comunidade universitaria, Carmen García Mateo e Belén Rubio Armesto son as candidatas á Reitoría que pasan á segunda volta. Os resultados provisionais da primeira votación pódense consultar no seguinte espazo web.

O calendario electoral fixa do 8 ao 12 de maio o prazo de reclamacións a estes resultados. O día 13 de maio será a proclamación definitiva das dúas candidatas e o 15 de maio terá lugar a segunda votación. 

De acordo co calendario electoral, do 20 de abril ao 4 de maio desenvolverase a campaña das eleccións á Reitoría do 6 de maio de 2026.

De seguido pódese consultar toda a información das candidaturas (equipo, programa, axenda...):

  • 11/02/2026
    Publicación dos censos provisionais
  • 12/02/2026 - 20/02/2026
    Prazo de reclamacións aos censos provisionais
  • 06/03/2026
    Publicación dos censos definitivos
  • 09/03/2026 - 13/03/2026
    Prazo presentación de candidaturas
  • 27/03/2026
    Proclamación provisional de candidaturas
  • 06/04/2026 - 10/04/2026
    Prazo de reclamación ás candidaturas provisionais
  • 16/04/2026
    Proclamación definitiva de candidaturas
  • 17/04/2026*
    Presentación do equipo e das liñas xerais do programa
  • 20/04/2026 - 04/05/2026
    Campaña electoral
  • 05/05/2026
    Xornada de reflexión
  • 06/05/2026
    Votación
  • 07/05/2026
    Proclamación provisional de resultados
  • 08/05/2026 - 12/05/2026
    Prazo de reclamacións aos resultados provisionais
  • 13/05/2026
    Proclamación definitiva de resultados
  • 15/05/2026*
    Votación (en segunda volta, se procede)
  • 18/05/2026*
    Proclamación provisional de resultados
  • 19/05/2026 - 21/05/2026*
    Prazo de reclamación aos resultados provisionais
  • 28/05/2026*
    Proclamación definitiva de resultados

(*) Datas correspondentes só ás eleccións á Reitoría 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15 de maio de 2026.

 

Máis información:

Secretaría Xeral
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 614
sx.eleccions.cargos@uvigo.gal