Ferramentas a distancia con MATLAB/Simulink

UVigo - Comunicación 07/04/2020

Desde MathWorks, son conscientes da complexa situación á que se enfrontan as universidades españolas debido ás medidas adoptadas pola COVID-19. Por esta razón, queren recordarche as ferramentas ás que tes acceso sen custe como membro da universidade para seguir aprendendo, ensinando e traballando a distancia con MATLAB e Simulink:

​Acceso a MATLAB para todo o persoal e o estudantado na Universidade de Vigo

Podes facer un uso ilimitado de MATLAB, Simulink e máis de 90 toolboxes en calquera dispositivo. Descarga MATLAB R2020a, a última versión do seu software, e descubre todas as súas novidades. Necesitarás o teu enderezo de correo institucional para validar a descarga ou iniciar a sesión a través da ligazón anterior.  

Estes son os recursos que che poden ser útiles para seguir traballando a distancia dependendo das túas necesidades:  

  • Podes aprender ao teu propio ritmo con estes cursos en liña de balde. Mediante exercicios interactivos e exemplos, aprende a programar desde cero con MATLAB ou Simulink, ou como traballar con Deep Learning ou Stateflow. Ao final de cada curso obterás un certificado personalizado como este
  • Podes ensinar, mediante os nosos programas didácticos e os nosos libros sobre distintas disciplinas; empregar documentos interactivos ou Live Scripts, e automatizar a avaliación de exercicios propostos con MATLAB Grader. Este curso de dúas horas proporcionarache a información que necesitas para ensinar e avaliar con MATLAB utilizando estes recursos. 
  • Puedes colaborar e compartir os teus arquivos e proxectos para traballar a distancia cos teus compañeiros e compañeiras utilizando o noso almacenamento na nube con MATLAB Drive. Aprende a utilizar a integración de Git con MATLAB para o control de versións dos teus arquivos.
  • Podes utilizar os sensores do teu móbil, como o xiróscopo, o acelerómetro ou a cámara, e integrar os datos de saída no teu código con MATLAB Mobile, dispoñible para os dispositivos Apple e Android.
  • Podes programar desde o teu navegador, sen necesidade de descargas nin instalacións, con MATLAB Online.  

Se necesitas axuda co software ou tes calquera dúbida ou suxestión, podes contactar co soporte técnico:  

  • Chama ao +34 91 799 4700 (extensión 4). 
  • Entra en mathworks.com/support
  • Desde MATLAB, preme Request Support.