NOITE EUROPEA DAS PERSOAS INVESTIGADORAS

G-Night

24 de setembro de 2021

UVigo - Comunicación 03/09/2021

O vindeiro 24 de setembro, baixo o lema «Conciencias creativas», terá lugar en toda Galicia a Noite europea das persoas investigadoras. Ese día a G-Night encherá as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos, praias e bares, nun ambiente festivo. A Noite galega das persoas investigadoras, ademais de nas cidades galegas, desenvolverase de xeito simultáneo en máis de 360 localidades de toda Europa. O obxectivo do evento é dar a coñecer o valor do traballo desenvolvido polos científicos e científicas, así como a importancia desta actividade na sociedade.

Financiado con preto de 154.000 euros procedentes do programa marco H2020, a través das Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA), a Universidade de Vigo coordina un consorcio integrado polas universidade de Santiago e da Coruña, o Cesga, a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia e Instituto de Investigacións Mariñas, o Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC), Gradiant, Itmati, Inibic e Sebbm.

Web da G-Night 


Noticias relacionadas

 

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.gal