I Encontro nacional das universidades españolas pola sostibilidade. Ránking UI Greenmetric
A Universidade de Vigo acolle o I Encontro nacional das Universidades Españolas pola Sostibilidade dentro do ránking internacional UI GreenMetric. A cita será o 24 de maio, de 9.30 a 13.30 h, no edificio Redeiras (Praza do Berbés, núm. 11, 36202 Vigo).
O ránking UI GreenMetric
O ránking UI GreenMetric é unha iniciativa desenvolvida pola Universidade de Indonesia que clasifica as universidades de todo o mundo segundo o seu compromiso e desempeño en sostibilidade e xestión ambiental. Este ranking céntrase en medir como as institucións educativas manexan os seus campus en termos de medio ambiente e sostibilidade, abracando varias áreas clave.
As categorías principais avaliadas no ránking UI GreenMetric inclúen:
- Infraestrutura: avalía a infraestrutura amigable co medio ambiente da universidade, incluíndo a gestión de edificios sostibles e o uso de espazos verdes.
- Enerxía e cambio climático: céntrase no uso de enerxía renovable, a eficiencia enerxética e as políticas relacionadas coa redución da pegada de carbono.
- Xestión de residuos: analiza como as universidades manexan a redución, a reciclaxe e a reutilización de residuos.
- Uso da auga: mide a eficiencia no uso da auga e as iniciativas para a súa conservación.
- Transporte: avalía as políticas e os sistemas de transporte sostible para reducir a dependencia de vehículos que utilizan combustibles fósiles.
- Educación e investigación en sostibilidade: considera a incorporación da sostibilidade na educación e na investigación, así como a promoción da conciencia ambiental entre o estudantado e o persoal.
Este ránking busca incentivar as universidades a desenvolver políticas ambientais efectivas e a mellorar a sostibilidade nos seus campus. As universidades que participan son avaliadas anualmente e os resultados publícanse e proporcionan unha valiosa ferramenta de comparación e de mellora continua en temas de sostibilidade.
Obxectivos do encontro
- Debater sobre como as universidades poden responder de maneira efectiva os retos da sostibilidade.
- Explorar oportunidades para a innovación conxunta e a transferencia de boas prácticas entre universidades e cara á sociedade.
- Coordinar esforzos para implementar prácticas sostibles nos campus universitarios.
- Fomentar o intercambio de experiencias para a mellora conxunta da sostibilidade dos campus universitarios.
Programa
Benvida/Welcome
- 09.30 h Manuel J. Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo
Ponencias I/ Presentations I
- 09.45 h Dr. Junaidi, Green Metrics (en liña/online)
- 10.00 h Ponencia inaugural, Xavier Labandeira, Universidade de Vigo (presencial/on-site)
- 10.30 h Jorge Jesús Gómez Sanz, Universidad Complutense de Madrid (en liña/online)
- 10.50 h Carolina Cárdenas, Universidad de Granada (en liña/online)
- 11.10 h María Sarabia Alegría e Manuel Ocaña, Universidad de Alcalá de Henares (en liña/online)
- 11.30 h Pausa café
Ponencias II/Presentations II
- 12.00 h Armand Hernández, Universidade da Coruña (en liña/online)
- 12:20 h Rubén Regueira, Universidade de Santiago de Compostela (en liña/online)
- 12:40 h Delfina Couce e Camilo Carrillo, Universidade de Vigo (presencial/on-site)
- 13.00 h Mesa redonda e conclusións
- 13.30 h Fin do encuentro
Asistencia
Presencial/on-site
Sala de xuntas
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
En liña/online
Palacio de Congresos - Congreso GreenMetrcis
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/9902289174
Acceso estudantado/Student access: BJDf5pLN
Inscrición
A inscrición será de balde para as persoas representantes das universidades públicas españolas que confirmen previamente a súa asistencia presencial ou en liña.
Oficina de Servizos Enerxéticos (OSEu)
+34 647 343 244
oseu@uvigo.gal