ENVÍO DE CANDIDATURAS ATA O 24 DE XUÑO

I Premios Alumni-UVigo

UVigo - Comunicación 14/06/2022

A Universidade de Vigo convoca os I Premios Alumni-UVigo co fin de promover a excelencia e recoñecer o labor persoal e profesional das persoas usuarias da comunidade alumni-UVigo que destaquen por unha traxectoria que achegue valor e teña unha clara vontade de inducir cambios na sociedade. 


Categorías dos Premios Alumni-UVigo  

  • Investigación 
  • Impacto social
  • Humanidades 
  • Traxectoria profesional
  • Emprendemento


Como concorrer?

  • Para presentarse cumprirá ser membro da comunidade Alumni-Uvigo
  • As persoas ou os equipos presentarán a súa candidatura a través do seguinte formulario
  • O prazo de envío de candidaturas permanecerá aberto ata o venres 24 de xuño de 2022, ás 23.59 horas (hora peninsular española).


Selección

  • O xurado seleccionará tres finalistas para cada categoría. Os acordos do xurado serán inapelables e poderase declarar deserto o premio xustificando os motivos desta decisión.
  • A listaxe de finalistas publicarase antes do 30 de xuño na web da comunidade Alumni-UVigo.
  • A partir desta data abrirase un prazo de votación entre todas as persoas rexistradas na comunidade Alumni-UVigo para elixir de entre as tres persoas finalistas o gañador ou gañadora de cada modalidade.
  • As persoas ou os equipos de persoas que resulten gañadoras coñeceranse no acto de entrega de premios que se terá lugar a mediados de xullo de 2022.

 

VER A CONVOCATORIA

 

Máis información:

Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal