PREMIOS AO ALUMNADO CON MELLORES EXPEDIENTES DE ACCESO Á UNIVERSIDADE E AOS SEUS CENTROS
MEGAU 2025
A Universidade de Vigo comprácese en acoller o acto de homenaxe ao estudantado cos mellores expedientes de Galicia nas probas de acceso á universidade (PAU 2025) organizado polas tres universidades públicas galegas en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
A cita será o venres 20 de xuño de 2025, de 16.00 a 20.00 h, no Complexo Deportivo das Travesas de Vigo (Avda. de Castrelos 1 36210 Vigo).
- MEGAU 2025 ten como finalidade homenaxear o estudantado cunha nota igual ou superior a 9 na súa cualificación final de acceso á universidade, así como o centro onde desenvolveu os seus estudos de bacharelato.
- Reservaranse asentos na pista para o estudantado premiado e para unha persoa representante do seu centro que subirán ao escenario para seren homenaxeados polo seu éxito.
- O alumnado poderá vir acompañado pola súa familia que será acomodada nas bancadas do pavillón.
- O acto retransmitirase en grandes pantallas e en directo e realizarase unha ampla reportaxe fotográfica profesional que se poderá descargar no propio día do evento.
Programa
16.00 - 17.30 h | Recepción das persoas e dos centros homenaxeados, entrega de credenciais e acceso ao photocall profesional |
18.00 h | Benvida |
19.00 h | Subida ao escenario do estudantado e dos centros premiados |
20.00 h | Peche do acto |
A partir do 12 de xuño contactarase por correo co estudantado premiado e cos seus centros para indicarlles como inscribirse no acto e informalos sobre o seu desenvolvemento.
Esta páxina actualizarase a medida que se dispoña de nova información e que se aproxime a data do evento.
Información: megau@uvigo.gal
Organización
Colaboración