CURSO 2025/2026
Prazas vacantes nos graos da UVigo
Solicitudes ata o 3 de outubro
Unha vez rematado o proceso de adxudicación de prazas no sistema universitario de Galicia para o curso 2025/2026, publícase a relación de prazas vacantes nas titulacións de grao da Universidade de Vigo:
| Campus de Ourense | |
| Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos | 12 |
| Grao en Ciencias Ambientais | 8 |
| Grao en Enxeñaría Agraria | 15 |
| Grao en Turismo | 23 |
| Grao en Xeografía e Historia | 1 |
| Simultaneidade Turismo e Xeografía e Historia | 3 |
| Simultaneidade Enxeñaría Agraria e Ciencias Ambientais | 4 |
| Campus de Pontevedra | |
| Grao en Enxeñaría Forestal | 9 |
| Campus de Vigo | |
| Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española | 34 |
| Grao en Tradución e Interpretación Español-Francés | 14 |
| Grao en Tradución e Interpretación Galego-Inglés | 33 |
O procedemento de admisión realizarase na sede electrónica do 9 de setembro ao 3 de outubro, ás 23:59:59 horas.
Máis información:
Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 607
soporte.grao@uvigo.gal




