Unidade de Cultura Científica e da Innovación

Que facemos?

Coñece o grupo Ecosot (Economía, Sociedade e Territorio)

UVigo - Comunicación 20/02/2020

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) presenta un novo vídeo da serie «Que facemos?».

Desta vez, trátase dunha peza protagonizada polas investigadoras Coral del Río Otero, Olga Alonso Villar e Amaia Palencia Esteban  do Grupo Ecosot (Economía, Sociedade e Territorio). 

A estrea deste vídeo coincide co Día Mundial da Xustiza Social xa que estas investigadoras estudan a segregación ocupacional, un dos principais mecanismos xeradores de desigualdades sociais. No vídeo lémbrannos que para sermos unha sociedade verdadeiramente igualitaria temos que loitar contra as forzas que impiden a integración en igualdade dos diferentes colectivos que a conforman. 

As investigacións de Coral del Río, Olga Alonso e Amaia Palencia, do grupo Ecosot, son as ferramentas que ofrecen á sociedade para acceder ao obxectivo de xustiza social. 

Lembrámosvos que a loita pola xustiza social está intimamente ligada aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A xustiza social é un concepto transversal que non se pode asociar cun único ODS posto que ten que ver coa igualdade de xénero, os dereitos dos pobos indíxenas e os migrantes ou a supresión das barreiras que enfrontan ás persoas por razóns de xénero, idade, raza, etnia, relixión, cultura ou discapacidade.

O vídeo está dispoñible nos perfís en redes sociais da UCC+i (YouTube, Facebook, Instagram, LinkedIn e Twitter) e animámosvos a compartilo para lograr a súa máxima difusión.

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.es