Recursos gráficos para o teletraballo

UVigo - Comunicación 31/03/2020

Desde a Área de Imaxe continuamos a coidar a identidade corporativa da Universidade de Vigo a través do teletraballo.

Para axudarvos a desenvolver a vosa actividade diaria, poñemos á vosa disposición distintos recursos con formato institucional:

  • Modelos de presentación en PPT
  • Modelos de cartas en word
  • Maquetas de apuntes
  • Tipografías corporativas

Todo o material está dispoñible aquí.


Os arquivos son editables, para que poidades personalizalos segundo as vosas necesidades. Antes de modificar os modelos, é importante instalar as tipografías corporativas nos sistemas operativos e compartir os documentos definitivos en formato PDF. Deste xeito, o material que elaboredes manterá o mesmo aspecto que presentan os modelos.

Lembrámosvos que a Guía básica de identidade corporativa define as liñas visuais da imaxe da Universidade de Vigo e recolle as normas e as recomendacións para dotar de coherencia a comunicación da institución.

Seguimos prestando servizo a distancia e atendendo as vosas consultas por correo electrónico imaxe@uvigo.es.