CURSOS VIRTUAIS E PRESENCIAIS PARA TODAS AS PERSOAS

Títulos propios 100 % financiados pola UE-NextGenerationEU

Preinscrición aberta

UVigo - Comunicación 20/02/2025

O Centro de Posgrao e Formación Permanente lanza unha última edición dos cursos gratuítos de capacitación dixital no eido do transporte, loxística e mobilidade, 100 % subvencionados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, nunha convocatoria enmarcada no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

  • Transformación áxil de organizacións (15 ECTS, presencial/en liña, Escola de Enxenaría Informática, Ourense)
  • Infraestrutura de datos aplicados ao transporte (15 ECTS, presencial/en liña, Escola Superior de Enxeñaría Informática, Ourense) 
  • Dixitalización do sector de transporte e loxística (15 ECTS, presencial/en liña, Escola Superior de Enxeñaría Informática, Ourense) 
  • Comunicación dixital para a mobilidade (15 ECTS, presencial/en liña, Escola Superior de Enxeñaría Informática, Ourense)
  • Tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial (15 ECTS, presencial, Escola Superior de Enxeñaría Industrial, Campus Universitario, Vigo)

As formacións están abertas a toda a cidadanía europea, sen necesidade de ABAU ou de formación universitaria previa. 

Máis información

 

Centro de Posgrao e Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 304
cpfp@uvigo.gal