Novo vídeo da UCC+i

Universidade de Vigo, unha aposta pola excelencia

Principais datos sobre I+D+i

UVigo - Comunicación 18/09/2019

A Universidade de Vigo aposta desde sempre pola excelencia en todas as súas actividades e pola investigación como fundamento da docencia e como medio para o desenvolvemento científico e cultural da sociedade.

Por iso, a Universidade de Vigo promove como un dos obxectivos esenciais da súa actividade a formación do persoal investigador e o fomento e a coordinación da investigación científica, técnica, humanística e artística.

Desde a Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) queremos presentarvos esta nova peza audiovisual que resume as capacidades de I+D+i da institución. 

O vídeo está a disposición de toda a comunidade universitaria nas redes sociais da UCC+i (Facebook, Twitter, Instagram, LinkedIn e YouTube).
 

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.es