Volta á actividade presencial
Manuais, guías e protocolos covid-19
Presencialidade no curso 2020/2021
No mes de marzo de 2020, a covid-19 cambiou as nosas vidas e obrigounos a tomar medidas para garantir a continuidade da actividade docente. Desde un modelo que ten como eixo a presencialidade, nun tempo récord redeseñamos o nosos espazos de aprendizaxe, fortalecemos as nosas ferramentas de teledocencia e lanzamos Campus Remoto, o xemelgo virtual da nosa institución con 3 campus, 35 edificios, 2773 despachos e 1400 aulas.
Na Universidade de Vigo encaramos o curso 2020/2021 cunha aposta firme pola presencialidade e a protección da saúde e da seguridade do noso estudantado e do noso persoal.
Para garantir que te poidas formar sempre nas mellores condicións, reforzamos e desenvolvemos un modelo de docencia mixta o máis semellante posible á presencial. Cando a túa presenza nos campus non sexa posible polo número de estudantes ou polo tamaño das aulas, a través de Campus Integra poderás seguir as clases tanto desde a aula como desde a túa casa e interactuar co profesorado e cos teus compañeiros e compañeiras.
Pese ás restricións derivadas da pandemia, segundo o acordado nas sesións do Consello de Goberno do 1 e do 28 de xullo de 2020, no mes de setembro levaranse a cabo diferentes actividades nos centros e arrincarán dun xeito presencial distintos graos e mestrados.
18/12/2020
07/12/2020
04/12/2020
27/11/2020
20/11/2020
13/11/2020
- Resolución reitoral, do 13 de novembro de 2020, pola que se adoptan as medidas propostas polo comité de asesoramento covid-19 na súa reunión do 11 de novembro: pase á docencia en liña desde o 16 ao 25 de novembro do segundo curso do Grao de Traballo Social da Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social do Campus de Ourense
- Resolución reitoral, do 13 de novembro de 2020, pola que se adoptan as medidas propostas polo comité de asesoramento covid-19 na súa reunión do 11 de novembro: pase á docencia en liña desde o 16 ao 25 de novembro do grupo 12 do primeiro curso da Escola de Enxeñería Industrial (sede cidade)
10/11/2020
06/11/2020
30/10/2020
- O curso de Publicidade e Relacións Públicas que pasou a docencia virtual esta semana recupera o luns a modalidade mixta
- Resolución reitoral, do 30 de outubro de 2020, pola que se adoptan as medidas propostas polo comité de asesoramento sobre a covid-19
27/10/2020
- Ciencias da Educación e do Deporte recupera este mércores a docencia mixta
- Resolución reitoral, do 27 de outubro de 2020, pola que se adoptan as medidas propostas polo comité de asesoramento sobre a covid-19 na súa reunión do 27 de outubro
25/10/2020
22/10/2020
07/10/2020
- Solicitude de xustificante covid-19 para os desprazamentos dos membros da comunidade universitaria a través da secretaría virtual
- Normas de actuación no ámbito da organización docente ante os casos de confinamento ou de baixa por covid-19
06/10/2020
05/10/2020
02/10/2020
01/10/2020
30/09/2020
18/09/2020
- QR: Procedemento para rexistrar a localización nos espazos docentes da Universidade de Vigo
- Última versión do Protocolo de actuación ante a aparición dun caso sospeitoso de covid-19 na Universidade de Vigo
- Listaxe das persoas encargadas covid-19 e das salas covid-19 nos centros
17/09/2020
15/09/2020
- Comunicado para o persoal docente e investigador sobre o inicio do curso 2020/2021
- Plataformas de teledocencia no curso 2020/2021: guía rápida para o profesorado
14/09/2020
11/09/2020
09/09/2020
07/09/2020
- Instrucións de reapertura das salas de estudo das bibliotecas da Universidade de Vigo
- Instrucións para o préstamo das obras da biblioteca
04/09/2020
03/09/2020
02/09/2020
28/07/2020
- Aumentan a case 20 os graos que o vindeiro curso comezarán impartíndose de xeito presencial na UVigo
06/07/2020
- Instrución da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado 5/2020, do 6 de xullo de 2020, sobre a reincorporación do persoal docente e investigador da Universidade de Vigo aos seus centros de traballo no curso 2019/2020, dentro do proceso de desconfinamento da covid-19
- Resolución reitoral, do 6 de xullo de 2020, sobre a realización de concursos de profesorado pendentes na Universidade de Vigo
02/07/2020
Abrimos este novo apartado no portal institucional para mantervos informados de todas as novidades relacionadas coa volta á actividade presencial na nosa universidade.
Poderedes acceder a toda a información e á documentación publicada con motivo da situación xerada pola covid-19 entre o 27 de febreiro e o 1 de xullo de 2020 premendo na seguinte ligazón:
Máis información:
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
viccom@uvigo.gal