A TRAVÉS DE CAMPUS REMOTO

Xornada virtual de orientación sobre mestrados

14 de maio, ás 13.00 h

UVigo - Comunicación 06/05/2025

 

Se estás cursando o último ano dun grao ou che interesa realizar un dos nosos mestrados, convidámoste a conectarte o mércores 14 de maio ás nosas Xornadas de Orientación sobre Mestrados a través de Campus Remoto! Poderás coñecer a oferta formativa da Universidade de Vigo e todos os requisitos de admisión e de matrícula.


Programa 

13.00 h Benvida e presentación
13.05 h Presentación da oferta académica
13.25 h Admisión, preinscrición e matrícula
13.50 h Quenda de preguntas


Campus Remoto

 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal