NOS TRES CAMPUS

Xornadas de benvida 2022/2023

5, 6 e 7 de setembro de 2022

UVigo - Comunicación 29/06/2022

Os días 5, 6 e 7 de setembro de 2022 son as datas elixidas para darlle a benvida ao novo curso dunha maneira moi especial. No teu campus haberá unha xornada pensada para ti, que comezas unha nova etapa con nós e que xa formas parte da comunidade universitaria.

Queremos que recibas toda a información necesaria para desenvolverte na vida universitaria. Para isto é fundamental que asistas entre as 10.00 e 14.00 horas ao teu campus nas datas indicadas. Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás algún agasallo para comezar o curso da mellor das maneiras. 

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, actividades científicas e culturais, actividades deportivas, xeados, bebidas e moito máis.

Deseguido podes acceder ao programa dos tres campus:

O 5 de setembro, de 10:00 a 14:00 h, entre as facultades de Fisioterapia e de Ciencias da Educación e do Deporte, poderás informarte sobre:

  1. Información xeral: dereitos e deberes, tarxeta universitaria, TIC,  aloxamento, transporte, voluntariado e asociacionismo...
  2. Bolsas e axudas
  3. Biblioteca
  4. Mobilidade (ORI)
  5. Centro de Linguas
  6. Emprego e emprendemento
  7. Cultura e extensión universitaria
  8. Benestar, saúde e deporte
  9. Atención á diversidade
  10. Unidade de Igualdade
  11. Delegacións e asociacións de estudantes

Ao longo de toda a xornada tamén haberá demostracións científicas, actividades culturais e deportivas, música, xogos, xeados, bebidas, agasallos e moito máis. 

Información para o estudantado internacional

10.00 h Charla informativa
(Oficina de Relacións Internacionais)
Presentación dos cursos de idioma
(Centro de Linguas)
Test de nivel de español
Aula 06 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte


Agardámoste!

O 6 de setembro, de 10:00 a 14:00 h, na praza do Monumento Nós do campus de Ourense (diante da biblioteca universitaria Rosalía de Castro), poderás informarte sobre:

  1. Información xeral: dereitos e deberes, tarxeta universitaria, TIC,  aloxamento, transporte, voluntariado e asociacionismo...
  2. Bolsas e axudas
  3. Biblioteca
  4. Mobilidade (ORI)
  5. Centro de Linguas
  6. Emprego e emprendemento
  7. Cultura e extensión universitaria
  8. Benestar, saúde e deporte
  9. Atención á diversidade
  10. Unidade de Igualdade
  11. Delegacións e asociacións de estudantes

Ao longo de toda a xornada tamén haberá demostracións científicas, actividades culturais e deportivas, música, xogos, xeados, bebidas, agasallos e moito máis. 

Información para o estudantado internacional

10.00 h Charla informativa
(Oficina de Relacións Internacionais)
Presentación dos cursos de idioma
(Centro de Linguas)
Test de nivel de español
Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo


Agardámoste!

O 7 de setembro, de 10:00 a 14:00 h, na praza Miralles do campus de Vigo, poderás informarte sobre:

  1. Información xeral: dereitos e deberes, tarxeta universitaria, TIC,  aloxamento, transporte, voluntariado e asociacionismo...
  2. Bolsas e axudas
  3. Biblioteca
  4. Mobilidade (ORI)
  5. Centro de Linguas
  6. Emprego e emprendemento
  7. Cultura e extensión universitaria
  8. Benestar, saúde e deporte
  9. Atención á diversidade
  10. Unidade de Igualdade
  11. Delegacións e asociacións de estudantes

Ao longo de toda a xornada tamén haberá demostracións científicas, actividades culturais e deportivas, música, xogos, xeados, bebidas, agasallos e moito máis. 

Información para o estudantado internacional

10.00 h Charla informativa
(Oficina de Relacións Internacionais)
Presentación dos cursos de idioma
(Centro de Linguas)
Test de nivel de español
Salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais


Agardámoste!


Non faltes e vive con nós o inicio do curso na Universidade de Vigo!

#SempreUVigo 
 

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal