Reserva de espazos institucionais para organizar eventos
A Universidade de Vigo convida a comunidade e as persoas externas á institución académica a reservar os espazos que precise nos edificios institucionais e nos exteriores. Por esta vía xestionaranse, por exemplo, as reservas de espazos para rodaxes audiovisuais, actos, congresos, conferencias, cursos ou eventos de calquera índole.
En Vigo
Edificio Miralles

As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Horario: de luns a venres, de 8.00 a 19.00 h
- Sala 1 (110 persoas)
Dispoñibilidade - Sala 2 (20 persoas)
Dispoñibilidade - Horario: de luns a venres, de 8.00 a 19.00 h
Formulario
Edificio Ernestina Otero

As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Horario: de luns a venres, de 8.00 a 19.00 h
Teatro Vidal Bolaño

As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
- Teatro (200 persoas)
Dispoñibilidade
Edificio Redeiras

Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
Horario: de luns a venres, de 9.00 a 21.00 h (xullo e agosto: de 9.00 a 14.00 h)
- Gradas (28 persoas)
Dispoñibilidade - Sala de roldas de prensa (20 persoas)
Dispoñibilidade - Aula 1 (40 persoas)
Dispoñibilidade - Aula 2 (30 persoas)
Dispoñibilidade - Sala de exposicións (100 persoas)
Dispoñibilidade - Espazo de cotraballo (18 postos)
Dispoñibilidade
Exteriores
Prazas Erasmo e Miralles

As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
En Ourense
Edificio de Facultades

As Lagoas, s/n
32004 Ourense
Horario: de luns a venres, de 8.00 a 21.45 h (xullo e agosto: de 9 a 13.45 h)
En Pontevedra
Casa das Campás

Rúa de Don Filiberto 9-11
36002 Pontevedra
Horario: de luns a venres, de 9.00 a 21.30 h
Nas escolas e nas facultades
A xestión dos espazos nas facultades e nas escolas tramitarase directamente coa dirección ou co decanato dos centros.
Participación do equipo de goberno
No caso de precisar a participación das persoas que integran o equipo de goberno, cómpre dirixirse por correo electrónico á Secretaría da Reitoría: sreitoria@uvigo.gal
Normativa de cesión de espazos
A utilización de espazos por parte de institucións, organizacións e persoas particulares alleos á Universidade de Vigo regularase conforme á Normativa de cesión de espazos aprobada polo Consello de Goberno do 19 de xuño de 2017.
A Xerencia autorizará o uso dos espazos coa conformidade previa da persoa responsable.
- A autorización quedará condicionada a circunstancias sobrevidas ou a outras necesidades que puidesen producirse con posterioridade á mesma, motivo polo cal a universidade poderá revogar unilateralmente a autorización en calquera momento por razóns de interese público, sen xerar dereito a indemnización.
- Elaborarase un orzamento estimativo que lle será remitido á persoa solicitante pola Xerencia ou quen esta designe, ao correo electrónico indicado na petición, e que terá que ser aceptado ou rexeitado pola mesma vía. A facturación posterior poderá sufrir algunha variación con respecto ao orzado en función dos servizos efectivamente prestados ou requiridos.
- No caso de celebración de determinados actos públicos, poderase esixirlle ao peticionario/a que acredite a subscrición dun seguro de responsabilidade civil en previsión de que, durante o desenvolvemento daqueles, puidese producirse algún sinistro.
- Con carácter previo ao uso do espazo, a Universidade de Vigo poderá esixirlle ao peticionario/a a constitución dunha fianza que garanta a reserva, o seu aboamento, os gastos adicionais e posibles danos que estime que o uso puidese ocasionar.
- As cantidades orzadas pola utilización das instalacións, locais e/ou servizos, poderanse abonar con carácter previo ao uso, ou ben a posteriori, de acordo co que para cada caso determine a universidade.
Tarifas
Ás empresas e ás institucións alleas á Universidade de Vigo que soliciten o uso dos devanditos espazos aplicaránselles as tarifas establecidas no orzamento de 2026 da institución académica de acordo coa súa respectiva capacidade.
Os prezos incrementaranse co IVE correspondente e sufrirán un incremento do 25 % os días non lectivos.
- < 100 prazas
Día completo: 226,00 euros
Medio día: 147,00 euros - > 100 e < 200 prazas
Día completo: 283,00 euros
Medio día: 184,00 euros - > 200 prazas
Día completo: 340,00 euros
Medio día: 220,00 euros




