Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado
Organización
- Alfonso Lago Ferreiro
Director de Área de Estudos de Grao
+34 986 812 039
direc.grao@uvigo.gal - Cristina Gallego Méndez
Directora de Área de Profesorado
+34 986 813 763
direc.profesorado@uvigo.gal - David Patiño Vilas
Director de Área de Posgrao
+34 986 813 433
direc.posgrao@uvigo.gal
- Antonio García Pino
Director da Eido
+34 986 813 442
eido@uvigo.gal - José Ignacio Armesto Quiroga
Director de Área de Formación Permanente
+34 986 130 303
eafp.secretaria@uvigo.gal - María José Moure Rodríguez
Directora da Escola Aberta de Formación Permanente
+34 986 130 252
eafp.direccion@uvigo.gal - María Amelia Coello Casado
Secretaría
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal
Competencias
- As de elaboración do cadro teórico de persoal docente e investigador e a súa regulación a curto, medio e longo prazo.
- As de elaboración e de modificación dos plans de organización docente e do cadro de persoal docente.
- As relativas aos concursos de profesorado.
- A aprobación das listaxes provisionais e definitivas de admitidos nos concursos de persoal docente funcionario e contratado.
- As referentes aos programas de promoción e estabilización do persoal docente e investigador.
- Todos os actos relativos á situación administrativa do persoal docente, incluídos os procedementos de xubilación e compatibilidades, así como a comunicación do recoñecemento dos complementos retributivos autonómicos.
- Asinar os contratos, os nomeamentos e os cesamentos do PDI laboral e do PDI funcionario.
- As referentes á ordenación de estruturas académicas, áreas de coñecemento, departamentos e centros, no relativo á súa actividade docente.
- A oferta de prazas (límite de prazas) e a oferta educativa anual (encargo de docencia).
- A actualización ou modificación da normativa de xestión académica.
- A planificación, coordinación e supervisión dos procesos de elaboración e reforma dos títulos oficiais de grao e mestrado.
- As relacionadas coa tramitación e cos procedementos administrativos das ensinanzas oficiais da universidade, así como a posta en marcha de novas titulacións.
- As referentes aos procesos de avaliación do profesorado, en coordinación coa Secretaría Xeral.
- Dirixir a negociación colectiva, asinar pactos e acordos e ditar resolucións e ordes de execución en materia de persoal docente e investigador.
- As relacionadas con ensinos conducentes á obtención de diplomas ou títulos propios e outros cursos de formación.
- As de coordinación dos programas, proxectos e accións de formación continua.
- As relacionadas con programas, plans e accións de innovación educativa.
- As de coordinación e control de centros adscritos á universidade, en materia académica.
- A organización, a realización e o seguimento do Programa de maiores.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
- A sinatura de resolucións relacionadas coa actividade académica de estudantes, distintas ás que son obxecto de delegación na Secretaría xeral.
Deléganse na Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado todas as competencias relacionadas coa instrución e resolución de procedementos que teñan relación coas funcións encomendadas.
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal