Vicerreitoría de Profesorado e Ordenación Académica

Patricia Valcarcel Fernández, vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica
 

Patricia Valcárcel Fernández é catedrática de Dereito administrativo no Departamento de Dereito público da Universidade de Vigo. Incorporouse á Universidade de Vigo no ano 2002, onde desde entonces imparte docencia de grao, mestrado e doutoramento en diversas titulacións e campus.

Como investigadora, forma parte do Grupo AGAF, no que centra o seu traballo no estudo da normativa sobre contratación pública, as implicacións da intelixencia artificial no Dereito público, ou o Dereito dos transportes terrestres. Dirixiu sete teses de doutoramento.

Ten recoñecidos tres sexenios de investigación, un sexenio de transferencia e catro quinquenios de docencia. Participou en máis de 20 proxectos de investigación obtidos en convocatorias públicas competitivas nacionais, autonómicas e europeas; en cinco deles foi investigadora principal (IP). No campo da transferencia de coñecemento paticipou en máis dunha veintena de contratos con empresas ou institucións. 

Conta con máis de 150 traballos científicos publicados (entre libros; artigos en revistas especializadas e capítulos de libro). Realizou diversas estancias de investigación: na Universitá degli Studi do Firenze; na Universidade Lusíada de Lisboa; na University of Nottingham; ou na University of Bergen.

Ocupou diferentes cargos de xestión na Universidade de Vigo: secretaria e vicedecana de ordenación académica da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo; vicexerenta de Contratación e Asuntos Xerais; xerenta en funcións e adxunta ao reitor. Desde 2023 é vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica.

  • As de elaboración do cadro teórico de persoal docente e investigador e a súa regulación e planificación a curto, medio e longo prazo, e a elaboración da proposta anual de masa salarial do dito persoal.
  • As de elaboración e de modificación dos plans de organización docente e do cadro de persoal docente.
  • As relativas aos concursos de profesorado.
  • A aprobación das listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos nos concursos de persoal docente funcionario e contratado.
  • As referentes aos programas de promoción e estabilización do persoal docente e investigador, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • Todos os actos relativos á situación administrativa do persoal docente, incluídos os procedementos de xubilación e compatibilidades, así como a comunicación do recoñecemento dos complementos retributivos autonómicos.
  • Asinar os contratos, os nomeamentos e os cesamentos do PDI laboral e do PDI funcionario.
  • As referentes á ordenación de estruturas académicas, áreas de coñecemento, departamentos e centros, no relativo á súa actividade docente, en coordinación coa Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente.
  • Dirixir a negociación colectiva, asinar pactos e acordos e ditar resolucións e ordes de execución en materia de persoal docente e investigador.
  • As relacionadas coa tramitación e resolución de procedementos que teñan relación coas competencias obxecto de delegación.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda


Organización

As funcións realizadas pola dirección de esta área son as de asesoramento á vicerreitotía relativas a:

  • Elaborar as listaxes de persoas admitidas nos concursos de persoal docente funcionario e contratado.
  • Concursos de profesorado.
  • Estabilizar o persoal docente e investigador.
  • Realizar os procedementos de xubilación e de compatibilidades.
  • Xestionar os plans de organización docente.
  • Participar na negociación colectiva.

María José Lorenzo Martínez 
Directora da Área de Profesorado
+34 986 813 763
direc.profesorado@uvigo.gal

  • Asesoramento na xestión dos plans de organización docente (POD) e das modificacións ao longo do curso académico, en particular, dos mestrados.
  • Interlocución continua coas persoas cordinadoras das CAM e, no seu caso, coas direccións de departamentos e servizos en materia de profesorado.
  • Asesoramento na tramitación de desprazamentos intercampus. 
  • Realización de labores complementarios de apoio á Vicerreitoría de Profesorado, Docencia e Titulacións.

Conchi Hermida Lago
Directora da Área de Ordenación Académica
+34 986 130 344
direc.ordenacion@uvigo.gal

Carmen Álvarez Veleiro
Secretaría
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal

Cristina Vázquez Ríos
Posto base
+34 986 813 435
auvpro02@uvigo.gal

 

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal