Vicerreitoría de Relacións coa Empresa
José M.ª Martín Moreno, vicerreitor
Profesor titular da Universidade de Vigo desde o ano 2000, é ademais director do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas, do que tamén foi secretario. Tamén desempeñou o cargo de secretario académico e de decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
A súa carreira profesional centrouse no sector público e privado, en institucións relacionadas con realidades e actividades do mundo económico-empresarial. Realizou actividades de control e de xestión de proxectos, relacións institucionais e liderado de equipos.
É membro de Rede, un grupo de investigación consolidado que analiza aspectos relacionados coa innovación, enerxía, economía e medio ambiente de Ecobas (Economics and Business Administration for Society) e da Rede Alumni Microeconomics of Competitiveness da University of Harvard.
Publicou o seu traballo en revistas indexadas tanto nacionais como internacionais de recoñecido prestixio e participa regularmente en conferencias, seminarios e obradoiros.
Tamén participou e dirixiu proxectos de investigación e de consultoría no sector público e privado e realizou estancias en organismos e universidades nacionais e internacionais.
Foi profesor e responsable de relacións institucionais do Mestrado en economía, mercados financeiros e empresa, e impartiu clase nos mestrados en Economía e no de Economía para non economistas.
Foi director xeral da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, director do Sistema de Vixilancia Competitiva do Clúster do Granito de Galicia, asesor do Centro Tecnolóxico do Granito, colaborador-asistente de investigación do IGAPE, da Secretaria Xeral de Análise e Previsión da Xunta de Galicia e de SACE consultores.
É profesor de macroeconomía no Departamento de Fundamentos da Análise Económica e profesor homologado na EOI de Madrid; tamén participa como director de coñecemento en servizos de consultoría do programa de consolidación de pemes do Fondo Social Europeo.
Competencias
- As relacionadas coas empresas públicas e privadas e con asociacións empresariais.
- As do fomento da colaboración público-privada, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
- A posta en marcha de programas de mecenado e micro-mecenado.
- As relacionadas coas cátedras de empresa da universidade, así como as relacións co contorno económico-empresarial.
- As relativas ao control de convenios e cátedras.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Secretaría
Javier Novas Míguez
Secretaría
+34 986 130 302
vic.empresa@uvigo.gal
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 302
vic.empresa@uvigo.gal