Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
María Isabel Doval
Vicerreitora
Titular de universidade, foi subdirectora xeral de Universidades da Xunta de Galicia durante o goberno de Emilio Pérez Touriño, membro do Comité Técnico da ACSUG e vogal do CONGACODE. Participou coma membro da Mesa do Claustro da UVigo e do Consello de Campus de Ourense e foi directora e secretaria do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.
Imparte materias relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á educación nos graos de Educación Infantil e Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense e imparte clases no Máster de Formación do Profesorado. Participa como avaliadora de proxectos europeos e no programa H2020 foi vice-chair. Ten experiencia na organización de feiras interuniversitarias, congresos internacionais sobre TIC e ensino e sobre practicum e prácticas na universidade e na empresa. Dirixiu tamén varios seminarios e accións formativas sobre igualdade de xénero e inclusión educativa e social. Participou en cinco proxectos nacionais de investigación e noutros tantos europeos e foi profesora visitante en varias universidades europeas, de Kirguistán e en Marrocos. Nos últimos anos está interesada especialmente no estudo e divulgación de métodos e enfoques da investigación participativa.
Actualmente participa nun proxecto Jean Monnet sobre deseño de programas e recursos educativos sobre cultura europea e en dous proxectos (Erasmus+ Capacity Building e Twinning) para a modernización das universidades de Marrocos no seu achegamento ao EEES.
Organización
- Laura Movilla Pateiro
Directora de Área de Internacionalización
+34 986 130 260
dirinternacionalizacion@uvigo.gal
- Henar Quintas Salgado
Directora de Área de Responsabilidade Social e Cooperación
+34 986 130 261
direc.rsco@uvigo.gal - Alejandro Cadabón Figueroa
Secretaría
+34 986 813 587
vicinternacionalizacion@uvigo.gal
Competencias
- As relativas á responsabilidade social, servizos sociais e participación.
- A proposta e o desenvolvemento de plans para a integración total das persoas con necesidades educativas específicas na Universidade de Vigo.
- A promoción, o estímulo e a dirección da xestión de actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario.
- A promoción, o impulso e a xestión do asociacionismo universitario.
- A definición e a execución da política de acción social.
- As correspondentes aos comedores universitarios.
- A proposta, a formalización e a contratación de redes e proxectos internacionais de cooperación.
- O fomento e o deseño das estratexias e políticas para as relacións internacionais e a cooperación internacional.
- A representación institucional en foros e en eventos internacionais.
- A sinatura de acordos, convenios e protocolos relacionados coa actividade internacional da Universidade de Vigo, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
- O deseño, a planificación e a xestión dos programas internacionais de mobilidade e intercambio.
- A proposta, a formalización e a contratación de redes e proxectos internacionais de difusión científica, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación.
- As relativas a actividades de promoción cultural e mecenado.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
vicinternacionalizacion@uvigo.gal