Comisión contra o acoso sexual e por razón de sexo

A Comisión de Acoso Sexual (CAS) é a encargada da aplicación do Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo da Universidade de Vigo. Unha vez recibida unha denuncia decide a súa admisión a trámite ou non e, no seu caso, instrúe o procedemento de esclarecemento dos feitos que finalizará cun acordo motivado sobre a situación denunciada. 

  • María Isabel Doval Ruiz
    Vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación
    Presidenta
    Suplente: Águeda Gómez Suárez, directora da Unidade de Igualdade
  • María José Bravo Bosch
    Representante do reitor
    Suplente: Rafael Fernández Acevedo
  • María Lameiras Fernández
    PDI
    Suplente: Yolanda Rodríguez Castro
  • Luis Pérez Gómez
    PAS
    Suplente: María José Ríos Santomé
  • Yasmina González Almón
    Alumnado
  • Raquel Souto García
    Secretaria
    Suplente: José González Groba

 

  • Informar o órgano competente sobre a adopción das medidas preventivas axeitadas para evitar as posibles situacións de acoso sexual  ou por razón de sexo que se poidan producir no contorno universitario.
  • Analizar as denuncias sobre posibles situacións de acoso sexual e por razón de sexo que se presenten ante ela e decidir sobre a apertura do procedemento previsto neste protocolo.
  • Tramitar as denuncias admitidas e emitir informe motivado sobre a situación denunciada.
  • Solicitar á Reitoría as medidas de protección á vítima que se considere necesario adoptar durante a tramitación do procedemento previsto neste protocolo.
  • Facer un seguimento da aplicación do presente protocolo coa finalidade de analizar o seu correcto funcionamento e eficacia e, se é o caso, propoñer a súa modificación ante o Consello de Goberno.
  • Elaborar un informe anual sobre a aplicación do presente protocolo para a súa presentación ante o Consello de Goberno.

 

MÁIS INFORMACIÓN