Comisión de organización académica e profesorado

  • Manuel Ramos Cabrer
    Membro nato. Vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado
  • Antonio Collazo Fernández 
    PDI
  • Íñigo Cuiñas Gómez
    PDI
  • Óscar Ferreiro Vázquez
    PDI
  • M.a Isela Lavilla Beltrán
    PDI
  • Elena Rivo López
    PDI
  • Xoán M. Cebro Rodríguez
    PAS
  • César Blanco Gómez
    Consello Social
  • Beatriz Gómez Fariñas
    Estudantado
  • Raquel González López
    Estudantado
  • Begoña González de Prado
    Organizacións sindicais
  • Luis Pérez Gómez
    Organizacións sindicais

 

  • Estudar os asuntos referentes á coordinación de campus e centros adscritos á universidade.
  • Informar sobre a constitución, creación, desenvolvemento, modificación e supresión dos departamentos.
  • Informar sobre a viabilidade académica das propostas dos plans de estudos e titulacións de grao oficiais, para a súa homologación, validación e implantación, con anterioridade ao seu estudo polo Consello de Goberno.
  • Informar a aprobación, coordinación e desenvolvemento dos ensinos conducentes a titulacións propias da Universidade de Vigo.
  • Propoñer os criterios de resolución de solicitudes de validación de estudos en centros desta ou doutras universidades.
  • Informar da oferta anual de prazas (límite de prazas).
  • Informar das propostas de organización docente da universidade.
  • Estudar e coordinar a oferta educativa anual de materias optativas e de libre elección, así como o estudo da aceptación de cada unha delas por parte do estudantado.
  • Estudar e informar das propostas feitas polos departamentos e centros relativas á creación, renovación e mantemento dos obradoiros e laboratorios docentes.
  • Velar por unha dotación adecuada de prazas de profesorado.
  • Informar das peticións dos departamentos en relación coas novas prazas e contratos de profesorado.
  • Informar das normas xerais de actuación das comisións para xulgar as prazas de profesorado interino, contratado e axudante, antes da súa aprobación polo Consello de Goberno.
  • Informar das propostas de nomeamento de profesorado emérito feitas polos departamentos, así como a revisión da prórroga destes nomeamentos.
  • Informar das propostas de contratación de profesorado lector como parte do persoal dos departamentos nas áreas de coñecemento de linguas modernas ou estranxeiras.
  • Informar da proposta do cadro do persoal docente e investigador.
  • Organizar e realizar o seguimento da avaliación anual da actividade docente.
  • Propor os programas de formación do profesorado necesarios e todas aquelas accións encamiñadas a elevar a calidade da docencia.
  • Informar da creación, modificación ou supresión de centros.
  • Facer o seguimento da avaliación institucional a través dos diferentes programas nos que participe a universidade que sexan da súa competencia.
  • Informar dos proxectos de regulamentos e normativa da súa área de competencia, así como actualizar e/ou modificar as normativas de xestión académica e de permanencia e avaliación curricular de ser o caso.