Comisión de planificación e asuntos económicos
Funcións
- Avaliar a demanda social, os recursos materiais e humanos con que conta a Universidade de Vigo e os que precisa para o desenvolvemento completo dos planos de estudos, así como as dispoñibilidades existentes para o seu ensino dentro da programación plurianual da Universidade de Vigo.
- Estudar os proxectos de instalacións, equipamentos e mantemento que non se financien co orzamento anual da Universidade, d) estudar as propostas de orzamentos ordinarios e informar sobre as necesidades de orzamentos extraordinarios e adicionais que lles sexan presentados.
- Informar das contas anuais e da liquidación do orzamento.
- Analizar as modificacións orzamentarias e transferencias de crédito.
- Avaliar e informar da realización de obras de ampliación, reparación e mellora dos diferentes centros da Universidade, que sexan con cargo ao orzamento da Universidade.
- Elaborar propostas de distribución de fondos que sexan da súa competencia e informar os pedimentos que, referentes a estes fondos, lles sexan formulados.
- Informar os proxectos de regulamentos e normativas da súa área de competencia.
- Informar os cadros de persoal funcionario e laboral de administración e servizos.
Membros
- José Luís Míguez Tabarés
Membro nato, vicerreitor de Planificación e Sostibilidade - José María Martín Moreno
Membro nato, vicerreitor de Relacións coa Empresa - Inmaculada Anaya Revuelta
PDI - Rafael Durán Barbosa
PDI - Juan Enrique Pardo Froján
PDI - Francisco Javier Rodríguez Martínez
PDI - Mónica Siota Álvarez
PDI
- Pablo Abelleira Acebedo
Estudante - Manuel Diz Folgar
Estudante - Ana Isabel González Penín
PAS - Xulio Calviño Rodríguez
Consello Social