banner superior da Universidade Europea ATHENA

Universidade Europea ATHENA

A Universidade de Vigo forma parte da Universidade Europea ATHENA, unha alianza de nove institucións de ensino superior e de investigación

A Iniciativa de Universidades Europeas é un proxecto emblemático da Unión Europea no ámbito do ensino superior e da investigación. O seu obxectivo é conseguir que as universidades europeas sexan máis abertas ao mundo, máis eficientes e máis integradoras.

ATHENA (Advanced Technology Higher Education Network Alliance) é un dos proxectos piloto de universidades europeas seleccionados pola Comisión Europea en 2020. Ademais da Universidade de Vigo, o consorcio, coordinado polo Instituto Politécnico do Porto (Portugal), está integrado polas seguintes institucións académicas: Université d'Orléans (Francia), Universität Siegen (Alemaña), Univerza v Mariboru (Eslovenia), Vilnius Tech (Lituania), Università Niccolò Cusano (Italia), Ελληνικό Μεσογειακό Πανεπιστήμιο-Universidade Helénica do Mediterráneo (Grecia) e Uniwersytet Marii Curie-Skłodowskiej w Lublinie (Polonia). 

ATHENA céntrase na transformación dixital das sociedades e busca crear formacións internacionalizadas, abrir a mobilidade internacional ao maior número posible de estudantes, favorecer a execución de proxectos de investigación e de desenvolvemento colaborativos e abrir novas perspectivas europeas, non só aos máis de 160.000 estudantes e aos 15.000 traballadores e traballadoras da alianza, senón tamén ás comunidades locais e ás entidades socias.

Web de ATHENA

 

Máis información:

Oficina ATHENA
Programa de Universidades Europeas
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
athena-office@uvigo.gal

Instagram  youtube  ​​​Linkedin