Charlas científico-divulgativas

Ofrecémoslles aos centros de educación secundaria e FP Superior a posibilidade de que o noso profesorado especializado imparta charlas divulgativas sobre temas da súa investigación que sexan atractivos para o alumnado de secundaria (4º ESO), bacharelato e FP Superior.

Os centros interesados deberán consultar o catálogo de charlas e solicitar ata un máximo de tres sesións divulgativas a través do formulario de participación. O formato das charlas será flexible e poderanse desenvolver virtualmente ou presencialmente no propio centro.

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es