Olimpíadas do saber

As olimpíadas do saber son competicións de carácter local, nacional e/ou internacional. O seu obxectivo é, por unha banda, difundir o coñecemento de diferentes disciplinas (matemáticas, física, química, bioloxía, xeoloxía, economía, historia…) entre o alumnado de niveis non universitarios e, por outra, fomentar o intercambio científico entre estudantes e docentes de diferentes provincias, comunidades autónomas e países. 

Coa participación nas olimpíadas búscase:

  • Fomentar o desenvolvemento do talento e a excelencia entre o estudantado.
  • Impulsar o interese pola investigación humanística, científica e tecnolóxica.

 

Máis información sobre as olimpíadas

 

Axudas para a organización das olimpíadas do saber

Desde a Universidade de Vigo queremos promover e dinamizar a organización de olimpíadas científicas e académicas. Por isto convocamos axudas dirixidas ás escolas e ás facultades para organizar estas competicións entre o estudantado xove co fin de estimular nel o estudo e incentivar a adquisición de actitudes e de competencias científicas, tecnolóxicas, lingüísticas, humanísticas e/ou sociais.

Ver convocatoria

 

Máis información:

Área de Captación de Alumnado
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal