Asesoramento para persoal orientador

Os obradoiros de asesoramento a orientadoras e orientadores están dirixidos especificamente a equipos de orientación e a equipos directivos de centros de educación secundaria, co fin de dar a coñecer a oferta de titulacións da Universidade de Vigo e as súas saídas profesionais, ademais das características da ABAU e do acceso á universidade. Deste xeito, buscamos apoiar máis directamente o labor de asesoramento do persoal orientador ao seu futuro estudantado universitario. 

As xornadas realizaranse nos tres campus en horario de 9.30 a 13.30 h: 

Campus de Ourense
17 de xaneiro de 2020
Aula B4
Facultade de Ciencias

Campus de Pontevedra
24 de xaneiro de 2020
Aula I
EE Forestal

Campus de Vigo
31 de xaneiro de 2020
Sala I
Edificio Miralles

 

Programa e inscrición

Os centros de secundaria poderán inscribirse a través do seguinte formulario ata 15 días antes da xornada ou ata completar a capacidade da sala.

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es